Artesanía JMR

Image

Coñece o meu traballo

Sobre min

Images

    O meu interese na construción de instrumentos populares xurdiu como consecuencia da miña grande afección pola música tradicional. Non tiven unha formación específica, polo que a miña aprendizaxe foi máis ben autónoma e, mesmo nalgúns casos, experimental. Porén, non podo dicir que o meu camiño fora autodidacta, xa que os coñecementos adquiridos ó longo da licenciatura de belas artes en materia de escultura, volume e artesanía foron as bases da miña actual actividade. Ter desenvolvido o pensamento tridimensional é o que me permite identificar e comprender as problemáticas máis habituais neste tipo de procesos, aínda que ás veces tamén é preciso pasar polo método de ensaio-erro para atopar a solución axeitada. Ademais, cómpre sinalar a accesibilidade ás ferramentas que sempre houbo na miña casa. Medrei cunha familia construíndo cousas arredor de min, e iso foi fundamental á hora de adquirir as destrezas técnicas e recursos que a día de hoxe constitúen o corpo principal do meu traballo.

Productos con el sello oficial de Artesanía de Galicia

Traballos recentes

Contacta comigo