Sobre min

Julia Marín Ramírez

(Cartagena, 1991)

Licenciatura en Belas Artes, especialidade Conservación e Restauración (2009 - 2014). Universitat Politècnica de València

Produción artística e artesanal, conservación e restauración de bens culturais, tratamento dixital de imaxes, debuxo técnico, fotografía, gravado



Cursos

Creación e difusión de expresións culturais: cerámica de Manises (Centro de Formación Permanente de la U. P. de Valencia)


Identificación, catalogación e estudo de encadernacións artísticas (Institut Valenciá de Conservació i Restauració)


Encuentro Internacional de Filigranas en Colecciones digitales (Academia Austriaca de las Ciencias de Viena e IVCR)


Técnicas de restauración de encadernacións en pergamiño (Institut Valenciá de Conservació i Restauració)


Identificación e preservación de coleccións de fotografía (Institut Valenciá de Conservació i Restauració)


V Encontro de Conservación e Restauración. As artes decorativas (Museo de Pontevedra/Escola Superior de C/R de Galicia)


Taller de acuarela con Nono García (Ayuntamiento de Mula)


Workshop con Sargadelos: cerámica e complementos de moda (Sargadelos e Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo)


Traballo de campo etnográfico para profesionais do Patrimonio (Consejo Superior de Investigaciones Científicas)


Programa estratexias comerciais (Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Stgo. de Compostela)

Images

    O meu interese na construción de instrumentos populares xurdiu como consecuencia da miña grande afección pola música tradicional. Non tiven unha formación específica, polo que a miña aprendizaxe foi máis ben autónoma e, mesmo nalgúns casos, experimental. Porén, non podo dicir que o meu camiño fora autodidacta, xa que os coñecementos adquiridos ó longo da licenciatura de belas artes en materia de escultura, volume e artesanía foron as bases da miña actual actividade. Ter desenvolvido o pensamento tridimensional é o que me permite identificar e comprender as problemáticas máis habituais neste tipo de procesos, aínda que ás veces tamén é preciso pasar polo método de ensaio-erro para atopar a solución axeitada. Ademais, cómpre sinalar a accesibilidade ás ferramentas que sempre houbo na miña casa. Medrei cunha familia construíndo cousas arredor de min, e iso foi fundamental á hora de adquirir as destrezas técnicas e recursos que a día de hoxe constitúen o corpo principal do meu traballo.

Contacta comigo