Instrumentos

    Todo proceso de construción comeza cunha investigación creativa que consiste en proxectar tódalas fases, planear o traballo e seleccionar os materiais. Entre as madeiras que utilizo están a de faia, oliveira, piñeiro e castiñeiro, e para os parches dos instrumentos de membrana emprego coiro de ovella ou vaca, ou materiais sintéticos. Os métodos de elaboración dende que as materias primas chegan ó meu obradoiro execútanse na súa meirande parte de xeito manual, incluíndo procedementos coma o curvado da madeira ou o dobrado das ferreñas. É por iso que os tempos de produción son lentos: o artesanal require paciencia.

Contacta comigo

Nacín en Cartagena e estudei belas artes coa especialidade de conservación e restauración na Universitat Politècnica de València. Dende 2015 resido en Compostela, onde desenvolvo a miña actividade como música, artesá de instrumentos populares e encadernadora.

Copyright © All rights reserved | This template is made with by Colorlib