Cóntame a túa idea

    Queres personalizar o teu instrumento? Andas buscando algo específico que non das atopado? Tes unha cousa na cabeza pero non tes moi claro o que? Escríbeme ou chámame para comentalo; podemos darlle forma en conxunto e valorar opcións. A vantaxe do traballo artesanal é que ás veces permite alterar lixeiramente a cadea de produción. Non todo é posible, pero imaxinar é de balde.

Contacta comigo

Nacín en Cartagena e estudei belas artes coa especialidade de conservación e restauración na Universitat Politècnica de València. Dende 2015 resido en Compostela, onde desenvolvo a miña actividade como música, artesá de instrumentos populares e encadernadora.

Copyright © All rights reserved | This template is made with by Colorlib